quinta-feira, 3 de fevereiro de 2011

Proxecto Europeo: 3º Ciclo. Comida sana


 
TAPAS/APERITIVOS

  • O venres día catro de febreiro de 2011, o alumnado do terceiro ciclo de educación primaria do colexio Vista Alegre,elaborará unha mostra a modo de exemplo,de diversas tapas típicas do noso país (tortilla, polbo, xamón, queixo,sardiñas, empanada de bonito,...).
  • A continuación, na hora de lecer, xuntarase todo o alumnado do ciclo no comedor do centro, e degustarán os productos que anteriormente prepararon.
  • Esta actividade forma parte dun traballo conxunto que se leva a cabo dentro do Proxecto Europeo, do que formamos parte xunto con Bélxica, Finlandia e Chipre .

    Tortilla española                                                                 Empanada gallega

                              
                                                    aceitunas

Celebramos o día da PAZ


DIA DA PAZ E NON VIOLENCIA

3º CICLO DE PRIMARIA

O día 31 de xaneiro despois da hora de lecer (12:30 da mañá) celebramos o día da paz:

  • Fixéronse unha serie de actividades nos distintos ciclos.Os nenos e nenas de 5º-A elaboraron un puzzle referente o monumento a Virxe da Paz (que está situado en Venezuela).
  • Fíxose na aula de usos múltiples do centro unha posta en común con todolos puzlez feitos nos distintos niveis,cunha explicación do significado de cada un por parte do alumnado.
  • A continuación cantamos en conxunto a canción do grupo Scorpions que leva por título "Wind of Change".Logo celebramos o taller de "bicos e apertas" , dando por rematado o acto.
  • O puzzle unha vez rematado e pegado está exposto na entrada do edifico nº 2 



Símbolo Universal da Paz