quarta-feira, 13 de março de 2013

MOVÉMONOS Á PAXINA WEB DO NOSO COLEXIO

A partir de agora poderasnos atopar no noso blogue principal da páxina web do centro. PREME AQUÍ PARA IRES A ELA. 

Lembra, de paso, outros espazos web do noso colexio:

PÁXINA WEB DO CENTRO
CEIP Vista Alegre
BLOGUES VISTA ALEGRE
BIBLIOTECA DE "LIBRUXA"
2º CICLO
1º CICLO
INFANTIL
Inglés (3º Ciclo)

segunda-feira, 11 de março de 2013

SEMANA DA PRENSA


Esta semana traballamos coa prensa intensivamente, pero habemos precisar de máis ferramentas de traballo que de costume.

Velaquí temos unha serie de recursos da Internet que nos poden servir para completar o traballo, ademais dos que xa temos na Biblioteca de LIBRUXA:

Serías capaz de completar o cadro?

EN GALEGO:




EN CASTELÁN:









Sección “Galicia”:


Sección “A Mariña”:





EN CASTELÁN:



EN CATALÁN:







EN ÉUSCARO:











PORTUGUESES:







BRITÁNICOS:










EN CASTELÁN:







EN PORTUGUÉS:







EN INGLÉS:











quinta-feira, 24 de janeiro de 2013

E A TI, QUE CHE GUSTA? LINGUA E MÚSICA



Estes días estamos de sorte porque recibimos moitas mensaxes cheas de desexos, pensares e sentimentos que podemos transmitir coa nosa lingua. Por certo, que significan...?

 Gústame..., que me digan "qrt m8"

...que @s bonec@s falen galego

 
Campaña de divulgación GÚSTAME O GALEGO da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).
Máis "Gústame...":
que che guste a miña lingua :-P; ...que nos pubs poñan música en galego; ...que non me traduzan o café con leite; ...que o leite poña que é galego 100%; ...que intentes falar galego, aínda que che custe un pouquiño; ...que me entren en galego! 

Tamén disfrutamos escoitando e vendo hip-hop en galego. Desde Vigo chéganos este videoclip interpretado pola incríbel e decidida Aíd, que xa desde moi noviña tiña claro que o dela era cantar:

 
Spot da Televisión de Galicia para a campaña "Servizo público, a calquera hora" protagonizado por Aíd.

E agora tócache cantar a ti...

É fácil: converte o vídeo en galeoke activando os subtítulos. 

 

Pero se aínda queres saber máis:   

  • Na Mariña faise hip-hop? Mira no seguinte vídeo: aquí 

  • E se o hip-hop vén do rap, este vén da regueifa?: aquí

sexta-feira, 9 de novembro de 2012

UN DÍA MEMORÁBEL DE MAGOSTO 

Toma castaña!



Vimos como se asaban as castañas antes de papalas todas, todas, todiñas.

  
Este día tamén representábamos os países que connosco comparten programa Comenius este ano: PLEASED TO MEET YOU!



 

Turquía foi un deles.




  

E despois tocaban os xogos tradicionais do Magosto.




Onde houbo que afanarse por chegar os primeiros...

 

 

E sacarlle as castañas do lume a algún compañeiro.

terça-feira, 2 de outubro de 2012

Visita ao Parque Eólico Experimental SOTAVENTO


 


En outubro, os alumnos de terceiro ciclo viaxamos até o concello de Xermade, perto de Vilalba, onde fomos visitar o parque eólico experimental Sotavento. Alí participamos nunha morea de actividades relacionadas coa divulgación das enerxías renovábeis. En fin, que aquí vos deixamos unha presentación do que fixemos e do ben que o pasamos.

P.D.: Ah, coma sempre, podedes ver máis fotos na nosa galería de imaxes desde a nosa páxina web do cento!

sexta-feira, 4 de maio de 2012

SAIDA A LUARCA E CUDILLERO

OS NENOS E NENAS DO TERCEIRO CICLO VIAXAMOS A NOSA VECIÑA COMUNIDADE AUTONOMA, ASTURIAS.
VISITAMOS O CEPESMA E O PARQUE DA VIDA DE LUARCA E O POBO MARIÑEIRO DE CUDILLERO.
APRENDIMOS MOITO E PASAMOLO MOI BEN,
XA VEREDES¡¡