quinta-feira, 24 de janeiro de 2013

E A TI, QUE CHE GUSTA? LINGUA E MÚSICA



Estes días estamos de sorte porque recibimos moitas mensaxes cheas de desexos, pensares e sentimentos que podemos transmitir coa nosa lingua. Por certo, que significan...?

 Gústame..., que me digan "qrt m8"

...que @s bonec@s falen galego

 
Campaña de divulgación GÚSTAME O GALEGO da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).
Máis "Gústame...":
que che guste a miña lingua :-P; ...que nos pubs poñan música en galego; ...que non me traduzan o café con leite; ...que o leite poña que é galego 100%; ...que intentes falar galego, aínda que che custe un pouquiño; ...que me entren en galego! 

Tamén disfrutamos escoitando e vendo hip-hop en galego. Desde Vigo chéganos este videoclip interpretado pola incríbel e decidida Aíd, que xa desde moi noviña tiña claro que o dela era cantar:

 
Spot da Televisión de Galicia para a campaña "Servizo público, a calquera hora" protagonizado por Aíd.

E agora tócache cantar a ti...

É fácil: converte o vídeo en galeoke activando os subtítulos. 

 

Pero se aínda queres saber máis:   

  • Na Mariña faise hip-hop? Mira no seguinte vídeo: aquí 

  • E se o hip-hop vén do rap, este vén da regueifa?: aquí

Sem comentários:

Enviar um comentário