sexta-feira, 9 de novembro de 2012

UN DÍA MEMORÁBEL DE MAGOSTO 

Toma castaña!



Vimos como se asaban as castañas antes de papalas todas, todas, todiñas.

  
Este día tamén representábamos os países que connosco comparten programa Comenius este ano: PLEASED TO MEET YOU!



 

Turquía foi un deles.




  

E despois tocaban os xogos tradicionais do Magosto.




Onde houbo que afanarse por chegar os primeiros...

 

 

E sacarlle as castañas do lume a algún compañeiro.

terça-feira, 2 de outubro de 2012

Visita ao Parque Eólico Experimental SOTAVENTO


 


En outubro, os alumnos de terceiro ciclo viaxamos até o concello de Xermade, perto de Vilalba, onde fomos visitar o parque eólico experimental Sotavento. Alí participamos nunha morea de actividades relacionadas coa divulgación das enerxías renovábeis. En fin, que aquí vos deixamos unha presentación do que fixemos e do ben que o pasamos.

P.D.: Ah, coma sempre, podedes ver máis fotos na nosa galería de imaxes desde a nosa páxina web do cento!

sexta-feira, 4 de maio de 2012

SAIDA A LUARCA E CUDILLERO

OS NENOS E NENAS DO TERCEIRO CICLO VIAXAMOS A NOSA VECIÑA COMUNIDADE AUTONOMA, ASTURIAS.
VISITAMOS O CEPESMA E O PARQUE DA VIDA DE LUARCA E O POBO MARIÑEIRO DE CUDILLERO.
APRENDIMOS MOITO E PASAMOLO MOI BEN,
XA VEREDES¡¡


sexta-feira, 2 de março de 2012

O ENTROIDO

O PASADO 17 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O ENTROIDO NO NOSO CENTRO.
ESTE ANO ADICAMOS ESTA FESTA A EPOCA DA IDADE MEDIA "TEMPOS DE CASTELOS".
POR QUE? POIS TODO O CENTRO ESTA INMERSO NUN GRAN PROXECTO E DENDE OS MAIS PEQUENOS AOS MAIORES ESTAMOS A TRABALLAR PARA COÑECER MELLOR ESA EPOCA TAN FASCINANTE.
NOS ESTAMOS A ESTUDAR OS DIFERENTES ESTAMENTOS DA SOCIEDADE MEDIEVAL, OS CASTELOS, O CAMIÑO DE SANTIAGO E ACHEGARNOS UN POUCO A FIGURA DE PARDO DE CELA.




PERO TODO O TEMPO NON IA SER ESTUDAR, TAMEN ELABORAMOS OS DISFRACES PARA O GRAN DESFILE...
NO NOSO CICLO DISFRAZAMONOS DE DAMAS E CABALEIROS E XUNTO COS MONXES E BISPOS, ARQUEIROS E  BUFONS... LEVAMOS AS RUAS DE BURELA A EPOCA MEDIEVAL.




DE VOLTA AO COLE,

O MELLOR...

UNHA MESA CHEA DE LAMBETADAS DE ENTROIDO!!!

                                                        
                                                                                              NENOS E NENAS DE 5° EP

A CELEBRACION DO DIA DA PAZ


O 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DIA DA PAZ.
ENTRE TODO O ALUMNADO DO CENTRO FIXEMOS UN MURAL CUNHA ROSA, FACENDO NOSA A CANCION DE AMARAL, QUE ENTRE TODOS CANTAMOS.
ALGUNS DE NOS CONTARON CUNHAS FRASES O SENTIDO DA PAZ.
                                                                                               Nenos e nenas de 5° de EP